Marisqueria bahia
A empresa "HOTEL BAÍA DE VIGO S.A." fundada en 1968 é un punto de referencia na cidade de Vigo polo seu hotel de recoñecido prestixio e a sua gran experiencia no mundo da restauración. Atópase situado no antigo mercado de "A Pedra" na emblemática rúa das ostras, en fronte do REAL CLUB NÁUTICO. A súa contorna é realmente espectacular, cunhas marabillosas vistas da Ría de Vigo. En xuño de 1999 inaugúrase o restaurante MARISQUERÍA BAÍA sendo a clave do seu éxito o forte compromiso coa calidade dos produtos que compoñen os seus menús.
Vostede poderá degustar os mellores mariscos, pescados e carnes, preparados segundo a cociña tradicional galega co maior esmero para satisfacer e agradar aos padais máis exquisitos.